4 de outubro de 2010

Outubro, un bo mes para ler... de medo

Obradoiro para rapaces e rapazas de máis de 8 anos, ás 18,30h.

  • Mércores 13: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 14: Biblioteca do Milladoiro
Inscricións: para participar nos obradoiros é necesario inscribirse previamente nas bibliotecas entre os días 27 de setembro e 6 de outubro.
A Noticia en la Voz de Galicia

5 comentários:

  1. Noelia, Paula, Laura, Antía e Alicia15 de outubro de 2010 às 10:35

    Na estrada estaba Bart camiñando e da nada apareceu un donut xigante. Ao momento o donuto abreuse e dentro del apareceu un bebé asasino que asasinou ao primeiro home que veu. Despois de facer isto parece que o bebé quedou farto e cando abreu a boca para eructar, sen decatarse, da boca saíulle un oso polar.

    ResponderExcluir
  2. Cristina, Daniel, María, Lucía e Sarai15 de outubro de 2010 às 10:44

    Un día, un policía enfadada foi ao supermercado porque quería montar bronca con alguén. Entón dirixiuse cara o caixeiro e como estaba medio tolo colleu a súa pistola e matouno.
    Despois de facer isto asustouse moitísimo e entón colleu o corpo e xunto con el ardeu o supermercado.
    Mentres se alonxoba do supermercado ardendo tropezou e... apareceu o pantasma do caixeiro, que estaba acatarrado.
    O pantasma acatarrado, para vingarse do caixeiro colleu e botoulle a súa gripe infernal e con tres espirros o policía morreu e converteuse nun pantasma invisible, mudo e inofensivo.

    ResponderExcluir
  3. Natalia, Xoán, Manuel, Fabio, Edgar, Daniel e Aarón15 de outubro de 2010 às 10:46

    A Bob Esponxa perseguíao unha gamba de quince metros de lonxitude, que levaba á Bela Durminte nun brazo. Bob, horrorizado, corría cara a súa casa, pero o que se atopou ao chegar foi o seu edificio inundado.Entón, a Bela Durminte, matou a Bob porque non lle gustaban nada os debuxos animados.

    ResponderExcluir
  4. Xela, Ana, Pablo, Daniel e Lucas15 de outubro de 2010 às 10:59

    Era unha vez un neno que tiña un veciño que morrera facía pouco tempo. A súa casa estaba no alto dunha colina e daba auténtico medo. Cano o neno, que se chamaba Xulio, chegou á casa abandoada do seu veciño veu ao fillo deste e quedou abraiado: era un neno con tres cabezas! Ademais veu a un enorme dinosaurio verde e feo que botaba lume polo nariz montado nunha cama voadora e por todo isto o can do veciño estaba metido na cama, morto de medo.
    Anos despois enteráronse de que o neno, auqel día, estaba a ver alucinacións pola impresión que lle causara a morte do seu veciño.

    ResponderExcluir
  5. Parabéns chavalotes!

    Xa nos tarda o seguinte capítulo.

    Susana e Antonio

    ResponderExcluir