26 de outubro de 2010

Novembro: un mes para xogar coas palabras

Obradoiro:

Para rapaces e rapazas maiores de 8 anos. Todos os obradoiros se realizarán ás 18,30h.
  • Mércores 10: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 11: Biblioteca do Milladoiro
Inscrición: para participar nos obradoiros é necesario inscribirse previamente nas bibliotecas entre os días 25 de outubro e o 5 de novembro.

  • Recursos para seguir xogando coa lingua:
El huevo de chocolate

4 de outubro de 2010

Outubro, un bo mes para ler... de medo

Obradoiro para rapaces e rapazas de máis de 8 anos, ás 18,30h.

  • Mércores 13: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 14: Biblioteca do Milladoiro
Inscricións: para participar nos obradoiros é necesario inscribirse previamente nas bibliotecas entre os días 27 de setembro e 6 de outubro.
A Noticia en la Voz de Galicia

28 de setembro de 2010

Obradoiros curso 2010/2011

Comeza o novo curso na Biblioteca e faino cargado de sorpresas. Os rapaces e rapazas de Ames que se achegaron á biblioteca estes días xa puideron observar a nova decoración que servirá de escenario para unha nova campaña de animación a lectura, que este ano recibe o nome de Conto, contas, contan... Cantos contos contas ti? Persoaxes tan coñecidos como Maisy, os tres porquiños ou Pinocho, entre outros moitos, serán os compañeiros de aventuras dos nenos e das nenas de Ames.

Este novo curso as actividades non se centrarán nunha única temática, como en anos anteriores nos que se traballou temas como o mar ou o espazo, senón que cada mes se abordará un tema distinto, sempre relacionado con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos.

Obradorios para maiores de oito anos:

Este ano aqueles rapaces e rapazas maiores de oito anos terán a oportunidade de asistir aos obradoiros organizados mensualmente. Os nenos de Bertamiráns poderán facelo o segundo mércores de cada mes ás 18,30h., mentras que os do Milladoiro terán a súa cita o segundo xoves tamén ás 18,30h., sempre mediante inscrición previa.

Notica no Blog da Biblioteca

Noticia na web Municipal